O PSOE pide á Xunta no Parlamento galego diálogo co Goberno de Sánchez para trasladar Ence
Por Redacción
O PSOE levou ao Parlamento Galego a súa intención de que se abra unha negociación para tratar o traslado de Ence.
Desta forma, este xoves a portavoz de Medio Ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, presentaba unha serie de iniciativas parlamentarias para instar á Xunta de Galicia a que participe nunha mesa de diálogo, xunto a representantes do Estado, do Concello de Pontevedra e de colectivos relacionados coa ría de Pontevedra para estudar o traslado da fábrica pasteira fose da contorna actual.
Entre outros puntos, a representante socialista lembrou o amplo rexeitamento social que existe en Pontevedra contra a factoría, que se demostrou na manifestación na que participaron 20.000 persoas cando o goberno de Rajoy, en funcións, concedíalle á empresa Ence unha prórroga por 60 anos na súa actual localización, ante o silencio do goberno de Núñez Feijóo.
A deputada pontevedresa Patricia Vilán reclamou na súa intervención unha fórmula que atenda ás necesidades sociais e ambientais, ademais do mantemento dos postos de traballo da planta, que se atopa na ría pontevedresa desde 1959.
Lembrou a Núñez Feijóo que o propio presidente da Xunta mantivo a defensa do traslado na súa primeira lexislatura.
Relacionadas:
-
Os comités de empresa de ENCE Pontevedra serán recibidos na Moncloa
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta ve "imprescindible" ampliar a depuradora e propón ocupar terreos de ENCE
Por Alejandro Espiño & Oskar Viéitez |
-
ENCE contesta á APDR que os seus datos medioambientais publícanse diariamente na Internet
Por Redacción |
-
Ignacio Colmenares (ENCE): "Nos guste o no, la sociedad gallega está enfrentada al eucalipto"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |