24 plátanos do parque da Panadeira serán trasplantados e 30 piñeiros de Baltar serán tallados
Por Oskar Viéitez
A concellería de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo previu trasplantar o vindeiro luns os plátanos do parque da Panadeira á contorna da Casa de Cultura de Adina e ao parque de Baltar.
Para poder empezar a facer as melloras que están previstas no parque da Panadeira, antes hai que retirar algunhas árbores, en concreto os 24 plátanos.
En canto ás seis palmeiras manteranse todas no seu sitio, excepto unha que é imprescindible retirar.
Recentemente o alcalde solicitou un informe sobre o estado do arboledo de varias zonas do concello á Estación Fitopatolóxica de Areeiro, pertencente á Deputación Provincial.
Os técnicos do organismo provincial sinalaron que algúns dos piñeiros situados no parque público de Baltar presentan numerosos problemas de conservación e seguridade o cal pode poñer en perigo aos usuarios da zona, parque infantil e área recreativa. No seu informe recomendan actuar con urxencia no parque público de Baltar para evitar posibles danos ás persoas ou bens materiais, sobre todo ante a proximidade de datas nas que aumentan os fenómenos meteorolóxicos adversos.
O informe destaca que esta situación é un risco para unha contorna pública e máis para unha zona de xogos infantil. Por tanto, é "preciso eliminar os pés mortos, os puntisecos, os que presentan a cabeza ou a parte superior da copa rota, e tamén aqueles con maior inclinación ou moi dominados". En base ao informe van tallar 30 piñeiros dos 90 que hai. Ademais de actuar sobre os piñeiros, é necesario actuar sobre unha acacia negra de importantes dimensións que presenta risco de caída.
Doutra banda, a concellería de medio ambiente vai plantar árbores, na súa maioría autóctonos, no parque de Punta Vicaño nos sitios onde se tiveron que tallar piñeiros polo seu perigo. Para poder facer esta plantación a concellería está pendente de novos informes da Estación Fitopatolóxica de Areeiro relativos á posible presenza de fungos no chan de punta Vicaño.
Relacionadas:
-
Sanxenxo plantará 78 novas árbores no parque de Punta Vicaño
Por Redacción |
-
Medio Ambiente replanta o parque de Baltar
Por Redacción |
-
Comezan a tallar os piñeiros en mal estado do parque de Baltar
Por Redacción |
-
Sanxenxo pon a punto os parques infantís
Por Redacción |
-
Piden que o parque de Punta Vicaño sexa catalogado como Zona Protexida Forestal
Por Redacción |
-
O Concello levará a cabo unha restauración de arborado en Baltar e Vicaño
Por Redacción |
-
O paseo de Baltar terá novas luminarias nos próximos días
Por Redacción |