O parque infantil da Calzada estrea a súa nova imaxe
Por Redacción
Ponte Caldelas segue avanzando na renovación dos parques infantís do municipio e o último en estrear a súa nova imaxe foi o situado no paseo da Calzada, que conta tamén con novos elementos de xogo.
A reforma que vén de estrearse no parque do paseo fluvial inclúe un novo balancín, un novo peche de madeira, o caixeado e achega de area á superficie de xogo e, finalmente, o acondicionamento exterior coa dotación de dous bancos resistentes ao sol.
Ademais, conta cunha formiga vermella multixogo.
O goberno local está a investir uns 110.000 euros nunha actuación que non só abrangueu os catro parques urbanos, senón os máis de 30 repartidos por todos os núcleos do rural.
Gran parte destas instalacións atopábanse nunha situación de abandono total dende había anos e mesmo algúns quedaran precintados.