VIDEO.-Tres mulleres feridas durante a intervención policial contra un piquete no porto de Marín
Por Oskar Viéitez
Tres traballadoras resultaron feridas no transcurso dunha intervención da Policía Nacional contra un piquete que trataba de impedir a entrada do persoal contratado pola empresa de traballo temporal á fábrica de Cabomar no Porto de Marín.
Segundo informou o sindicato Comisións Obreiras, as mulleres foron trasladadas en ambulancia.
Este incidente prodúcese no marco da terceira xornada de folga das traballadoras do sector dos produtos elaborados do mar.
Segundo informou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, o incidente produciuse á entrada da empresa Cabomar, sobre as cinco da mañá coincidindo co cambio de quenda. A protesta estaba a desenvolverse en "parámetros normais" dentro deste tipo de mobilizacións.
"Houbo algún forcexeo no cambio de quenda", sinalou. Foi cando os axentes da Policía moveron un valo que impedía ao piquete entrar na empresa. Nese episodio as mulleres resultaron feridas leves e un policía tamén ferido da mesma consideración. "Cousas normais e habituais neste tipo de situacións", valorou Larriba.
A subdelegada destacou que "o Goberno respecta o dereito á folga e tamén o dereito daqueles traballadores que deciden ir traballar".
O secretario de organización de Comisións Obreiras, Juan Luís García Pedrosa, asegurou que a dirección de Cabomar están "coaccionando" aos traballadores con "ameazas de despedimento", ademais de "vulnerar o dereito á folga" contratando a outro persoal.
Relacionadas:
-
Ameaza de folga no sector de elaborados de produtos do mar ao non chegar a acordo na negociación do convenio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
As traballadoras de elaborados do mar aceptan masivamente o preacordo do convenio
Por Oskar Viéitez |
-
En Marea cualifica de "vergoña" que o sector de elaborados do mar "non sexa capaz de garantir o salario mínimo"
Por Redacción |
-
O sector de elaborados do mar convoca folga indefinida a partir do 15 de novembro
Por Redacción |
-
As traballadoras dos elaborados do mar non ceden e volven parar o sector
Por Oskar Viéitez |
-
O persoal das empresas de produtos elaborados do mar volve á folga esta madrugada
Por Redacción |
-
Adían as xornadas de folga nas empresas de elaborados do mar ao retomarse as negociacións
Por Redacción |