A recollida de aceite doméstico poténciase na Lama coa instalación dos colectores vermellos
Por Redacción
O Concello da Lama puxo en marcha un plan de implantación de contedores de recollida de aceite doméstico nos principais illotes de separación e reciclaxe de residuos sólidos urbanos.
Trátase de depósitos de cor vermella, que só poderán ser utilizados por usuarios particulares que recollan e depositen o aceite usado en botellas de plástico pechadas. Con esta medida facilítase a recollida para o traslado e tratamento.
Se funciona esta iniciativa, o Concello estudará a ampliación de contedores de aceite doméstico a outras zonas do rural nas que reside un amplo número de poboación
Os contedores de cor vermella, segundo explicou o alcalde Jorge Canda, se instalan nas illas de separación e reciclaxe xa existentes na vila para facilitar a súa localización.