A Xunta inicia as expropiacións para a mellora da PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este luns no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola segunda fase das obras de mellora na estrada PO- 234, entre Ponte Caldelas e Laxoso, no Concello de Ponte Caldelas
O orzamento estimado da nova intervención impulsada polo departamento de Infraestruturas da Xunta ascende a preto de 650.000 euros, aos que se engaden 30.000 euros para o pago das expropiación das 74 fincas necesarias para esta actuación.
O levantamento de actas previas é paso previo para poder licitar as obras, superado o proceso de información pública e a aprobación do proxecto de construción neste treito da estrada autonómica PO-234, unha vez que o Concello de Ponte Caldelas trasladou a imposibilidade de contar cos terreos. Para a execución das obras tamén está prevista a sinatura dun convenio coa administración local, que cofinanciará a obra con 40.000 euros.
Esta actuación se realizará na estrada PO-234, ao seu paso por Ponte Caldelas, no tramo de 2,16 quilómetros máis próximos á cidade de Pontevedra.
O proxecto define a ampliación da calzada ata os 7 metros de ancho, así como pequenas rectificacións de trazado e execución de cunetas de seguridade.
A Xunta dividiu en tres fases este proxecto e iniciouse polo tramo Augasantas-Portasouto, porque o Concello de Cerdedo-Cotobade puxo a disposición da Xunta os terreos e non foi preciso tramitar as expropiacións.
A Consellería de Infraestruturas prevé redactar o vindeiro ano o proxecto do tramo Laxoso-Portasouto, co que se completará a actuación.
Relacionadas:
-
O levantamento topográfico na PO-234 anticipa o comezo dunhas obras longamente demandadas
Por Redacción |
-
A mellora da estrada entre Ponte Caldelas e Laxoso, licitada por 650.000 euros
Por Redacción |
-
A Xunta aprobará en novembro as expropiacións para reformar a PO-234 en Laxoso
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pide á Xunta incluír unha senda peonil e ciclista na PO-234
Por Redacción |
-
A Xunta avanzará na licitación da reforma da PO-234 antes de que remate o ano
Por Redacción | Creada e actualizada