A Xunta deixa nas mans de Fenosa e o Concello trasladar o transformador de Barcelos
Por Redacción
A retirada do transformador eléctrico da fachada do colexio de Barcelos é, segundo a Xunta de Galicia, unha competencia "exclusiva" da compañía titular, Fenosa, e do Concello de Pontevedra. Ambas deben acometer este traslado coa "máxima celeridade", sinalan.
O delegado territorial do goberno galego, José Manuel Cores Tourís, explicou que Industria enviou unha carta ao Concello, para recordarlle que esta consellería é a competente para a autorización das instalacións eléctricas sempre que se atopen todas as licenzas e permisos en regra, sen que sexa a súa competencia analizar o axeitado ou non do seu emprazamento.
Industria, segundo esta carta, non pode ordenar o traslado dunha instalación autorizada, que conta cun acordo co propietario da parcela para dito emprazamento e coa correspondente licenza municipal.
Con todo, destacan de atoparse un lugar máis axeitado para o seu traslado a Xunta prestará a súa "plena colaboración e a máxima axilidade" na tramitación administrativa do expediente de traslado do transformador.
Cores Tourís recordou que dende a dirección e do consello escolar do centro levan solicitando de forma reiterada desde hai décadas a retirada dese transformador, sen obter resposta positiva por parte dos responsables.
Debe ser o Concello, engadiu, quen poña a disposición de Fenosa os terreos para executar dito traslado, "porque esa infraestrutura non só dá servizo ao colexio de Barcelos, senón a un gran número de veciños e negocios dese entorno".
Relacionadas:
-
O Concello presionará a Fenosa para que recoloque o transformador do colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
Acordo entre o Concello e Fenosa para soterrar o transformador de Barcelos
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen á Xunta a retirada do transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
Entregan un escrito en Naturgy esixindo compromiso na retirada do transformador eléctrico do colexio de Barcelos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O delegado de Educación presionará para que se retire o transformador do colexio de Barcelos
Por Anxo Lourido |
-
Fenosa acepta iniciar os trámites para resituar o transformador de Barcelos
Por Alejandro Espiño |