Acordo entre o Concello e Fenosa para soterrar o transformador de Barcelos
Por Redacción
Boas novas para a comunidade escolar do colexio de Barcelos. O Concello alcanzou un acordo coa empresa Unión Fenosa para soterrar o transformador eléctrico instalado na súa fachada. A súa nova localización será fóra do recinto educativo.
Logo dunha reunión entre técnicos municipais e da empresa, acordouse que o soterramento se faga próximo á zona actual, pero no exterior do edificio, e o custe será asumido polo Concello.
A obra comezará con carácter inminente, unha vez que se concrete por parte de Fenosa o custe deste soterramento.
Ademais, os traballos serán simultáneos á reforma da rúa Rouco que está previsto que comecen nas vindeiras semanas, pero non se incluirá dentro desta reurbanización dado que obrigaría a parar o expediente.
A concelleira de Educación, Carmen Fouces, comunicou tanto á dirección do centro de ensino como á presidenta da ANPA da situación na que se topaba o proxecto de soterramento e da decisión municipal.
O Concello reitera a importancia de retirar o transformador de Fenosa dun punto tan sensible como é o centro de ensino, e garantir o subministro en fórmulas máis acaídas a espazos tan habitados como é a praza de Barcelos.
Relacionadas:
-
Acordo do Concello con Fenosa para trasladar o transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
O Concello presionará a Fenosa para que recoloque o transformador do colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
A rúa Rouco, en obras a partir do luns
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta deixa nas mans de Fenosa e o Concello trasladar o transformador de Barcelos
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen á Xunta a retirada do transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
Entregan un escrito en Naturgy esixindo compromiso na retirada do transformador eléctrico do colexio de Barcelos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |