O parque de maquinaria marchará ao polígono de Barro: "A decisión está tomada", di Mosquera
Por Alejandro Espiño
Para César Mosquera non hai dúbidas. A decisión "está tomada desde hai tempo". O parque de maquinaria da Deputación, que actualmente ocupa terreos de Costas nas inmediacións da Xunqueira de Alba, trasladarase ao polígono de Barro.
O vicepresidente provincial explicaou, ante as críticas de Marea e a coalición SON, que este asunto xa estaba recollido no pacto de goberno.
Nestes momentos, aclarou Mosquera, está a redactarse o proxecto das novas instalacións e o estudo de necesidades do servizo.
Este traballo atrasouse e, por iso, a Deputación optou por solicitar unha prórroga, máximo de tres anos, "para ter todo en regra" e manterse na súa situación actual.
Caso diferente é o da imprenta provincial. César Mosquera entende que a súa utilidade actual é "dubidosa", especialmente ao deixar de imprimirse o Boletín Oficial da Provincia, polo que se estudará o seu posible peche. Moitos dos traballadores xa foron recolocados noutros servizos.
Iso si, os terreos sobre os que se asenta parecen ser de difícil recuperación para integralos de novo na Xunqueira de Alba, polo que se analizará con Costas a posibilidade de manter o seu edificio e destinalos a un novo uso público.
Un destes posibles usos podería estar vinculado con áreas relacionadas co medio ambiente e a natureza.
Relacionadas:
-
O BNG demanda á Xunta que libere os terreos de dominio público que ocupa na Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras denuncia a privatización do parque de maquinaria e a imprenta provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Marea esixe recuperar os terreos do parque de maquinaria e a imprenta provincial
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación pediu a Costas unha prórroga para o Parque de Maquinaria e a Imprenta
Por Oskar Viéitez |