A festa e a gastronomía tomarán Poio do 21 ao 25 de agosto e do 13 ao 15 de setembro
Por Redacción
Todos os amantes da gastronomía e da festa teñen unha cita ineludible en Poio entre o 21 e o 25 de agosto e entre o 13 e o 15 de setembro. Son as datas nas que se celebrarán dúas das súas principais citas festivas do verán, a Festa do Mar de Combarro e a Festa da Ameixa de Campelo.
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio deu a coñecer este venres as datas de celebración das dúas grandes citas gastronómicas, que cada verán son dous dos eventos máis relevantes e con maior repercusión e afluencia de público do municipio.
A Festa do Mar de Combarro celebrará a súa XIX edición durante os cinco días comprendidos entre o 21 de 25 de agosto. A programación xa está moi avanzada, polo que o Concello anuncia que en breve farán públicas as primeiras actuacións musicais confirmadas.
Un ano máis, a festa contará cun amplo abano de actividades para todos os públicos e repetirá a Concentración de Embarcacións Tradicionais, o Festival Armadiña Rock e concertos de balde celebrados na Praza da Chousa.
A Festa da Ameixa de Campelo celebrará este ano a súa XXXII edición os días 13, 14 e 15 de setembro e tamén se prevé que dentro de pouco tempo se faga un avance da programación musical. Como é habitual, contará no seu programa con actos de homenaxe aos mariscadores das confrarías da Ría de Pontevedra, folclore, uinha carpa de degustación gastronómica e tres noites con concertos de balde.
Relacionadas:
-
NAO e Bastards on Parade, primeiras confirmacións para un novo Armadiña Rock
Por Alejandro Espiño |
-
Coti e Roi Casal porán a música na próxima Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción |
-
Eleni Foureira traerá o seu 'fuego' á Festa do Mar de Combarro
Por Alejandro Espiño |
-
A Festa da Ameixa nunca falla
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Festa da Ameixa chega a Campelo con Treixadura, Andy & Lucas e 'leiraparking' de balde
Por Oskar Viéitez |
-
Últimas horas da fin de semana na que Poio máis sabe a mar
Por Diego Torrado & Redacción |