O PP critica que a "pésima gestión" da obra da avenida de Marín custa ao Concello 71.000 euros
Por Natalia Puga
O Concello de Pontevedra acaba de abonar á empresa Hidroscivil 40.446,78 euros polos intereses de demora á hora de pagar a obra de reforma da avenida de Marín. Esta noticia, que chegou nos últimos días ao PP, serviu ao voceiro municipal deste partido, Jacobo Moreira, para criticar que "los pagos fuera de plazo son la norma de este ayuntamiento".
As críticas non quedan aí, pois os 'populares' constataron que a empresa entrou en concurso de acredores, de modo que non poderá pagar ao Concello a débeda de 157.267,72 euros que asumira polas deficiencias que presenta a obra. A Administración local pagara unha fianza de 125.980,35 euros, de modo que si poderá recuperar esa cantidade, pero queda unha diferenza de 31.287,37 euros que perderá a economía municipal.
Así as cousas, Moreira cifra en 71.000 euros o que "cuesta" ao Concello a "pésima gestión" realizada polo Concello desta obra e acusa a situación de "grave" e dun resultado máis da "desordenada y caótica gestión económica que caracteriza al equipo de Fernández Lores".
O voceiro do PP recorda que esta forma de actuar é un "señal de identidad" do alcalde pontevedrés e atribúe esta circunstancia que este ano non aprobase presuposto municipal. O concelleiro 'popular' César Abal compareceu xunto a Jacobo Moreira e recordou que as deficiencias nesta obra da avenida de Marín xa as denunciou o seu partido hai un ano.
Moreira e Abal lembraron que os pagamentos por intereses de demora non son novos neste Concello, pois a mediados do pasado decembro o Partido Popular denunciou o abono de máis de 270.000 euros de xuros por mala xestión, relativos tanto a intereses de demora derivados de reclamacións xudiciais como a simples atrasos nos abonos por obras. "Las compañías sólo reclaman cuando ya no tienen nada que perder, es decir, cuando ya saben que no van a realizar nuevos trabajos para el Concello de Pontevedra", critican.
RECORDA A POLÿMICA SOBRE O PREMIO A LORES
Os 'populares' realizaron estas críticas á xestión de Lores tan só un día despois dos cales transcendese que recibiu xunto a outros catro rexedores de España o Premio Nacional Pablo de Tarso que outorga ao mellor alcalde o Instituto Mexicano de Avaliación (IMDE).
A preguntas dos medios de comunicación, Jacobo Moreira valorou este recoñecemento e pediu o grupo municipal do BNG "que sean más serios a la hora de hablar e investigue un poco", pois "con buscar en google" tería descuberto que este premio está "cuestionado" e "rodeado de polémica".