Ponte Caldelas convoca os certames de Redacción, Carteis e Fotografía da Festa da Troita
Por Redacción
A partir do 15 de febreiro estará aberto o prazo para presentarse ao concurso de Redacción, Carteis e Fotografía que se organizan en Ponte Caldelas con motivo dunha nova edición da Festa da Troita.
Adiántanse as datas respecto a outros anos para que non coincida coas eleccións municipais que están convocadas para o mes de maio.
As bases foron publicadas a través do sitio web www.pontecaldelas.org. Os traballos poderán presentarse ata o 15 de marzo e os premios van desde unha tableta electrónica para o concurso escolar de Redacción, a premios económicos de 400 euros para o mellor cartel, e de 300, 200 e 100 euros para as tres mellores fotografías.
O concurso de Carteis atópase aberto aos formatos comprendidos entre 45x60 e 70x100 centímetros coa inclusión das lendas 'LII Festa da Troita' e 'Ponte Caldelas 2019'. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, que deberán entregarse nas oficinas municipais.
O concurso de Fotografía céntrase en imaxes sobre a Festa da Troita, o municipio, labores tradicionais, a sustentabilidade e aspectos representantivos de Ponte Caldelas. Non se admiten imaxes manipuladas con programas gráficos. O tamaño mínimo das copias será de 15x20 centímetros.
Todos os carteis e fotografías serán expostos entre o 25 e o 29 de marzo na Casa da Cultura. As obras gañadoras serán aquelas seleccionadas polo xurado e que recibiran máis votos das persoas que visiten a mostra.
O concurso de Redacción inclúe dúas categorías, de 9 a 11 anos e de 11 a 18 anos. Os textos deberán facer referencia a algún tema relacionado co municipio. A obra gañadora será publicada na revista da Festa da Troita.
Relacionadas:
-
Noa Martínez e Gabriel López, gañadores do concurso de redacción da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Un cartel co río Verdugo como protagonista gaña o concurso da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Un gran mural de troitas embelece as escaleiras máis transitadas de Ponte Caldelas
Por Almu Dapena |
-
A 53 edición da Festa da Troita xa ten calendario definitivo
Por Redacción |