Vaipolorío repoboará con especies autóctonas a ribeira do río Gafos
Por Almu Dapena
O sábado 16 de febreiro levará a cabo un proxecto para repoboar o bosque autóctono en todo o percorrido do río Gafos.
Este proxecto, organizado polo colectivo ecoloxista Vaipolorío, trata de incidir nos puntos invasores limpando e repoboando o bosque autóctono para axudar a que non falten especies galegas en todo o percorrido do río.
O traxecto que vai ao longo do Gafos, conta con aproximadamente 10 quilómetros de lonxitude e 10 metros de anchura de bosque a cada lado e está a ser sustituído pola aparición de plantas invasoras que colonizan e desprazan ás autóctonas, empobrecendo o bosque e impedindo unha mellor biodiversidade.
Por iso, a organización ecoloxista organiza unha saída na que o punto de encontro será na estación de autobuses de Pontevedra ás 10:00 horas para plantar as especies ripícolas, vexetación que nace nas ribeiras dos ríos.