Comeza a liga de petanca, un deporte "para todos os públicos, non só para persoas maiores"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
Durante a mañá deste xoves, tivo lugar a presentación do calendario da liga de petanca Concello de Pontevedra, na que participarán 10 equipos da comarca e máis de 250 petanquistas.
No campo de petanca situado en Montero Ríos, entre os dous edificios da Deputación, reuniuse un representante de cada equipo que participa na competición xunto coa concelleira de deportes, Anxos Riveiro, que quere "animar a toda a xente destos lugares a ver as diferentes competicións que se van a desenvolver".
Pola súa banda, Isabel Maquieira, representante de Santa María de Xeve, quixo engadir que "a petanca é para todos os públicos, non só para persoas maiores".
Para que prevaleza o xogo limpo durante toda a competición, aplicaranse unha serie de amoestacións que supoñerán a expulsión do partido en xogo ou de posteriores partidos en caso de haber uso de palabras, xestos ou accións intolerantes, racistas e xenófobas cara a participantes, árbitros ou público que asista a ver o torneo.
A primeira xornada de liga terá lugar o sábado 16 de marzo neste mesmo campo de Montero Ríos onde competirá o Centro Social Pontevedra contra o Santo Andrés de Xeve, e finalizará coa 18º xornada o 29 de xuño. A entrega de trofeos realizarase o 6 de xullo ás 19:00 horas.
Os equipos que participan na competición son: O' Mirador de Monteporreiro, Amigos de Campolongo, Santo Andrés de Xeve, Centro Social Pontevedra, O' Pote de Mourente, O' Carballo de Mourente, Santa María de Xeve, O' Salgueiral de Bora, Verducido e Salcedo Norte.
Relacionadas:
-
Nove equipos loitan pola Copa Cidade de Pontevedra de Petanca
Por Redacción |
-
Os petanqueiros invaden a Alameda de Pontevedra por unha tarde
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Estes xogadores pétana
Por Marisa Ciordia |
-
Os petanqueiros de Pontevedra invitan a toda a cidade a participar o sábado na festa da petanca
Por Manu Otero |
-
Broken Peach, Black Stones e Pablo Balseiro, principais atractivos das Festas de Campolongo
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |