A Plataforma Pro Industria alerta de que a marcha de Ence convertiría Pontevedra nun "desierto industrial"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Cinco integrantes da Plataforma Pro Industria en Pontevedra manifestaron este luns a súa preocupación ante o cambio de postura por parte da Avogacía do Estado ao decidir evitar a defensa nos tribunais da prórroga de 60 anos de Ence concedida polo goberno de Mariano Rajoy en 2016.
O presidente José Moreno e o vicepresidente Agustín Nogueira deste colectivo afirmaron sentirse consternados pola "decisión arbitraria" por parte da Avogacía do Estado e que, segundo entenden, só explícase por motivos electorais, ao soster agora un argumento contrario aos defendidos ata a data por parte do Goberno do Estado en relación coa permanencia de Ence en Lourizán.
Nogueira afirma que esta decisión responde a un acordo político que vai en contra do sector forestal do Noroeste de España e cualificou de "atentado" aos postos de traballo esta postura que terminará co sector "forestal e rural de Galicia".
Os representantes empresariais desta Plataforma lembraron que na fábrica traballan actualmente 400 persoas e que ao redor de 2.400 postos de traballo da comarca atópanse directamente vinculados á empresa pasteira mentres que outros 2.000 están relacionados co sector forestal, con 300 transportistas realizando descargas a diario nas instalacións. Ademais, reivindicaron a calidade dos postos de traballo que oferta ENCE ao sinalar que o 90% dos traballadores contan cun contrato indefinido con xornada completa.
Segundo sinalaron o 28% do Produto Interior Bruto da provincia depende da fábrica de celulosa e a súa repercusión na economía afecta, ademais da Galicia, a Asturias e ao norte da península. Neste sentido, alertaban de que a metade do tráfico que se xera no Porto de Marín depende da pasteira.
Neste sentido, José Moreno sinalaba que a súa empresa conta con máis de 100 empregados e, no caso de que Ence abandonase Pontevedra, tamén cambiaría a súa sede. Desta forma sinalaron que Pontevedra, cunha posible marcha da empresa de Arregui, converteríase nun "deserto industrial" e aseguraron que moitas outras firmas industriais non veñen a este municipio porque é " anti industrial", unha situación que está a prexudicar ao pequeno comercio, indicaron.
Afirman que Ence, tras o anuncio da Avogacía do Estado, paralizou os seus investimentos a longo prazo pero aínda mantén 50 millóns de euros de investimento para este ano en Pontevedra. Os representantes da Plataforma mostráronse preocupados polo estado de incerteza que provoca esta nova situación e non descartan adoptar medidas de tipo legal ou protestas despois de reunirse con outras entidades como AJE ou AEMPE.
A Plataforma Prol Industria está formada por 18 empresas e conta, segundo Agustín Nogueira, con ao redor de 200 colectivos que lles apoian.
Relacionadas:
-
Ana Pontón ve "corrupción" nos intentos por darlle "visos de legalidade" á situación de Ence
Por Alejandro Espiño |
-
En Marea insta o Goberno do PSOE a "ir máis alá" e declarar a nulidade da prórroga a Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Lores sobre ENCE: "detrás de todo isto hai un pelotazo"
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo fai da defensa de ENCE o eixo da campaña do PP
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O pleno rexeita a moción do PP para que o Concello asuma os 3 millóns anuais do Plan Social de Ence se marcha de Lourizán
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O presidente da Autoridade Portuaria, preocupado polo futuro de ENCE
Por Oskar Viéitez |