Ana Pontón ve "corrupción" nos intentos por darlle "visos de legalidade" á situación de Ence
Por Alejandro Espiño
A portavoz nacional do BNG teno claro. Ana Pontón asegura estar "orgullosa" de todo o que fixo o goberno municipal de Pontevedra para conseguir que a fábrica de Ence se vaia de Lourizán, defendendo unha posición "firme e coherente" que recolle un "clamor" en toda Galicia.
"Ence non pode seguir nese emprazamento", reiterou Pontón nun almorzo informativo celebrado en Pontevedra, no que defendeu que as administracións non poden "saltar a lei" para "beneficiar" a unha empresa privada.
A dirixente nacionalista asegura que os intentos dos gobernos autonómico e central para "darlle visos de legalidade" á situación da empresa pasteira en Pontevedra é unha "forma de corrupción terrible" ante a cal os galegos " non podemos quedar calados".
A decisión do Estado de non defender nos tribunais a prórroga concedida polo executivo en funcións de Mariano Rajoy debe servir, dixo, para "abrir unha nova etapa" que supoña recuperar un espazo "vital" para a comarca, liberar os terreos que ocupa a fábrica e crear emprego en actividades relacionadas coa ría.
"Ninguén pode estar por encima da lei", reiterou a portavoz nacional do BNG, que entende que é "evidente" que Ence non pode manter a súa actividade en Lourizán e que debe ser a empresa e o Goberno os que busquen unha alternativa a este proxecto industrial.
Relacionadas:
-
Rueda ve unha "falta de respeto" ao autogoberno de Galicia a decisión do Estado sobre Ence
Por Redacción |
-
Ence conxela os seus investimentos e confía en obter unha prórroga ata o 2033
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma Pro Industria alerta de que a marcha de Ence convertiría Pontevedra nun "desierto industrial"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |