Jorge Cubela confía nunha lista con experiencia para revalidar o seu mandato en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O PP de Cerdedo-Cotobade presentou a lista ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio encabezada polo actual presidente do municipio Jorge Cubela. Segundo o candidato nesta relación de nomes se combina a experiencia coa estabilidade do actual goberno local. Estes anos no goberno, sinala Cubela, demostran a capacidade de xestión do grupo, que ademais conta coa incorporación de tres mulleres.
O Comité Executivo Local aprobou esta lista que conta coa presenza da veciña de Quireza Lourdes Ovelleiro Garrido como número dous. Trátase dunha funcionaria municipal, moi activa socialmente e colaboradora de asociacións culturais e veciñais. Tamén se incorporan Belén Casado Troitiño, de Cerdedo, no quinto posto e Sandra Rey Fontenla, de Carballedo, na décima praza.
A candidatura, formada por 23 integrantes, tamén conta cos 14 representantes do grupo popular na actual xunta xestora do Concello de Cerdedo-Cotobade. O terceiro posto na lista está ocupado por Fernando Vázquez, o funcionario de Correos que tiña acudido como número 2 nas anteriores eleccións. José Balseiros Guinarte, anterior alcalde de Cerdedo, aparece como primeiro nos postos suplentes.
O obxectivo que se propón Cubela é revalidar a maioría absoluta que, tras a unión de Cerdedo e Cotobade, se establece en sete concelleiros. A candidatura está composta polos seguintes veciños del municipio:
1 Jorge Cubela López | San Xurxo de Sacos
2 Lourdes Ovelleiro Garrido | Quireza
3 Fernando Vázquez Corbacho | Corredoira
4 José Pichel García | Tenorio
5 Belén Casado Troitiño | Cerdedo
6 Bruno Portela Leiro | Borela
7 Javier Lois Abal | Viascón
8 Agustín Troitiño Tarín | Cerdedo
9 Galiza Aguete Dorrío | Valongo
10 Sandra Rey Fontenla | Carballedo
11 José Luis Crujeiras Garrido | Castro
12 Iria López Mourelle | Pedre
13 María del Carmen López Gesteira | Almofrei