Abre o aparcamento provisional da rúa República Arxentina
Por Redacción
O Concello de Marín finalizou un novo aparcamento provisional na rúa República Arxentina despois de asinar un convenio de cesión de uso cos donos das dúas parcelas.
As obras de acondicionamento comezaron hai uns días e, tal e como estaba previsto, o novo aparcamento está disponible antes de finales deste mes de abril.
Son dúas parcelas que suman máis de 1.500 metros cadrados e que están situadas preto do CEIP A Laxe e a escasos metros do centro de Marín, polo que seguro que será moi utilizada.
Calcúlase que teñen capacidade para estacionar uns 70 coches.
Segundo valora o goberno local, con este aparcamento, o de Concepción Arenal e os do Inferniño, "esta zona queda perfectamente dotada para facilitar un espazo gratuíto para os coches". Agora seguirán buscando acordos con particulares noutras zonas estratéxicas.
Relacionadas:
-
Recta final das obras na rúas do Tombo e República Arxentina
Por Oskar Viéitez |
-
Á rúa Concepción Arenal está a crecerlle un "lombo"
Por Redacción |
-
Marín prepara un aparcadoiro provisional na rúa República Arxentina
Por Redacción |
-
Aberto o aparcadoiro alternativo en Cantodarea con 100 prazas
Por Redacción |