Buscan poñer en valor Tomeza e Salcedo, a "milla de ouro" arqueolóxica e natural de Pontevedra
Por Redacción
Poñer en valor a "milla de ouro" do patrimonio arqueolóxico e natural de Pontevedra. ÿ o espírito do ambicioso proxecto denominado Valorización do espazo etnográfico e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo. Busca realzar o patrimonio histórico das sendas dos ríos Gafos e Batán, na parroquia de Salcedo. Está valorado en 166.000 euros e para o seu financiamento solicitouse unha axuda con cargo a fondos da Unión Europea.
ÿ a "actuación estelar" dentro das iniciativas deseñadas para recuperar o patrimonio rural neste mandado municipal, sinalou o concelleiro de Patrimonio, Luís Bará. Trátase dun proxecto que actuará nos vales do río Tomeza e do río Batán e que se estende ata o monte alto de Salcedo e a área de Sete Camiños, unha zona "de gran valor etnográfico e ecolóxico" e que se recuperará xunto co seu patrimonio inmaterial e arqueológico.
En concreto, na fase inicial investiranse 58.000 euros na denominada zona III, a máis próxima ao río Batán, para a recuperación de catro muíños "que están nun área de moito valor" e que se atopan en "bastante bo estado"; e 28.000 euros na zona IV, onde está situado en Castro das Croas, para iniciar os traballos de excavación e posta en valor desta construción histórica.
Ademais, case 37.000 euros destinaranse ás novas tecnoloxías coa creación dunha web específica que recollerá toda a información sobre este proxecto e contará con audioguías para gozar de todo este contorno desde casa; e presupostáronse outros 43.000 euros para crear os recursos interpretativos e paneles explicativos necesarios para sinalizar toda esta riqueza patrimonial e natural.
Neste proxecto están implicados tamén a comunidade de montes de Salcedo e a asociación de veciños Heroes da Porta. Neste sentido, o presidente dos comuneiros, Fernando Pintos, sinalou que esta iniciativa de recuperación patrimonial "completa o gran proxecto que temos" para recuperar as 80 hectáreas da Brilat que recuperaron pola vía xudicial. "Estamos moi implicados en recuperar esta zona e necesitamos un mínimo de investimento debido ao abandono no que se atopa".
Relacionadas:
-
Nova vida para o xacemento do Castro das Croas
Por Redacción |
-
35.000 euros para sinalizar e balizar todo o patrimonio etnográfico de Salcedo
Por Alejandro Espiño |
-
A recuperación do patrimonio rural dá un salto adiante cunha escavación arqueolóxica no Castro das Croas
Por Redacción |
-
O Castro das Croas emerxe de entre as silveiras
Por Redacción |
-
O monte de Salcedo esquece as prácticas bélicas para converterse nun espazo de paseo
Por Redacción |