Queres adoptar a Alda ou a Nemo? Acode o sábado á Praza de Ourense
Por Alejandro Espiño
Alda e Nemo son dous dos cans que os pontevedreses poderán adoptar este sábado. Teñen apenas tres meses e foron abandonados, xunto cos seus sete irmáns, na canceira de Campañó, que gestiona a Asociación Os Palleiros. ÿ unha mostra, din, da "cantidade brutal" de abandonos que se producen en Pontevedra. Con ese motivo, as protectoras de animais da cidade puxeron en marcha unha nova campaña de adopcións.
En colaboración co Concello de Pontevedra, esta xornada de adopción é a última das actividades que se enmarcan dentro da campaña Yes We Can, posta en marcha para sensibilizar aos pontevedreses nesta materia. Será a partir das 11.00 da mañá na Praza de Ourense. Alí estarán as asociacións Os Palleiros, Difusión Felina e Adopciones Galicia con moitos dos cans e gatos que pretenden dar en adopción.
"O problema segue sendo o mesmo", explicou o concelleiro Miguel Filgueira. "Hai xente desalmada que ten animais non desexados e cando non os poden atender, os abandonan". Pasan a depender destas asociacións, das que destacou que "de xeito voluntario e altruísta traballan a reo para darlle unha nova vida a estes animais".
Segundo Ana Cadavid, veterinaria de Os Palleiros, nesta xornada de adopciones tratarase de concienciar á cidadanía para que "antes de comprar un animal, lo adopten" e que se anime a adoptar "gente que no tiene pensado hacerlo". Ademais, estas asociacións informarán de "otras maneras de ayudar", entre as que citaron o apadriñamento de cans ou a colaboración na limpeza e socialización destes animais.
Pola súa banda Carmen Vázquez, portavoz de Os Palleiros, destacou que desde o pasado mes de xaneiro realizáronse 153 adopciones "y no ha bajado el número de perros en la protectora", debido ao aumento dos abandonos "y eso que no recogemos todos, sino los casos más urgentes". Actualmente na canceira de Campañó hai "unos 146 animales" e 33 máis en casas de acollida.
A eles hai que sumar, sinalou Carlos Ferrer, de Difusión Felina, as 34 adopciones de gatos nese mesmo periodo. Trátase dunha notable redución con respecto ao ano pasado. Outros 42 están en casas de acollida. Pero aínda así é unha mínima parte dos 500 animais que, calcula, están na rúa. Forman parte dalgunha das 29 colonias de gatos localizadas por este colectivo en toda a cidade.
Uns e outros temen a chegada do verán, unha época na que tradicionalmente dispáranse os abandonos de animais. "Cuando llega el verano hay gente que ve a los animales como un estorbo, especialmente por las vacaciones, y los suelta en cualquier esquina", sinalaron estas asociacións. "Y como no están chipeados no hay forma de devolvérselos a sus dueños".