Así queda a próxima corporación municipal de Pontevedra

Por Alejandro Espiño
Tras as eleccións deste domingo, é hora de comezar a pensar xa na próxima corporación municipal que Pontevedra terá durante o próximos catro anos. Será, tras os resultados do 26 M, con once concelleiros do BNG, nove do PP, catro do PSOE e un de Cidadáns. Quedarán, por tanto, catro grupos políticos tras a saída de Marea.
Os once edís do BNG estarán liderados polo que, presumiblemente, seguirá sendo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Xunto a el mantéñense oito integrantes do seu actual grupo de goberno.
Seguirán Anabel Gulías, Demetrio Gómez, César Mosquera, Raimundo González, Carme da Silva, Carmen Fouces, Alberto Oubiña e Pilar Comesaña. Haberá, por tanto, dúas novas incorporacións. Son a ata agora deputada provincial Eva Vilaverde e o arquitecto Xaquín Moreda, integrante da asociación cultural Maravallada.
Nove serán os asentos do PP na próxima corporación municipal, dous máis que ata agora. Ao seu líder, Rafa Domínguez, só lle acompañará un edil que se mantén: Gerardo López Puga. Iso si, dous deles regresan tras varios anos de ausencia. Son Pablo Fernández, ex presidente de AJE, e Ana Isabel Vázquez, xerente da Cidade da Cultura.
A eles sumaranse cinco caras novas. Serán a avogada Pepa Pardo, o economista Juan Manuel Muñoz Cerrada, Silvia Junco, ex concelleira do PP en Oviedo; Guillermo Juncal, presidente de Novas Xeracións do PP; e Martín Martínez, presidente da comunidade de montes de Lérez.
O PSOE de Tino Fernández terá catro edís e, xunto ao seu propio xefe de filas, repetirán Paloma Castro e Iván Puentes. A nova incorporación socialista será a avogada Yoya Blanco.
A corporación municipal de Pontevedra, para o mandato 2019-2023, complétase co candidato de Cidadáns, Goyo Revenga, que tomará o relevo da única edil laranxa que había ata agora, María Rey.
Relacionadas:
-
Yoya Blanco estréase como concelleira de Promoción Económica escoitando a desempregados maiores de 52 anos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra elixe, por sexta vez, a Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Xornada de despedidas na corporación municipal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez confirma que o PP votará en contra da investidura de Lores
Por Alejandro Espiño |
-
O PP provincial ve nos resultados das municipais o "fin do ciclo" de Lores como alcalde de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Tino Fernández, aberto a dialogar co BNG en Pontevedra: "Todo o mundo quere aos socialistas no Concello"
Por Natalia Puga |
-
O BNG manterá unha "posición aberta" para posibles pactos "sen descartar" gobernar en solitario
Por Oskar Viéitez |
-
26M: O BNG 'controla' a cidade e o PP imponse en oito parroquias do rural
Por Alejandro Espiño |
-
Cidadáns mantén en Pontevedra un concelleiro "con sabor agridoce"
Por Marisa Ciordia |
-
Lores culpa do resultado do BNG á "ofensiva do Partido Popular-Feijóo acompañado de ENCE-Colmenares"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez: "Es un resultado para estar moderadamente satisfechos"
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Luís Rei: "Dilapidouse o caudal de ilusión que se xerara nas pasadas eleccións"
Por Sofía Lorenzo |
-
Tino Fernández ve o PSOE "decisivo" para "conformar un goberno de progreso en Pontevedra"
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O BNG perde un edil en Pontevedra, o PP sobe a nove e o PSOE a catro; Marea queda fóra
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada