O Concello prepara unha nova adxudicación do aparcadoiro de Veteris
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou iniciar o proxecto de adxudicación do aparcadoiro de Veteris na rúa Antón Fraguas.
Despois de que a mesa de contratación acordase excluír a única oferta presentada para xestionar o aparcamento agora o Concello "resetea todo e se volve a iniciar o proxecto de explotación", segundo informou en rolda de prensa o portavoz do goberno local, Raimundo González.
Así, a Xunta de Goberno aprobou someter a exposición pública ese proxecto de explotación por un período de 30 días hábiles e unha vez transcorrido ese prazo estudaranse as alegacións presentadas, aprobarase e xa se poderá volver sacar a contratación ese aparcamento.
A razón é que este novo proceso é que a oferta que no seu día presentou a actual concesionaria nun procedemento negociado, non cumpría cos requisitos fixados no proxecto de concesión do aparcamento. Agora o goberno local fixo "algunha modificación puntual pero substancialmente é igual" este prego que o anterior.
A empresa, Parking Centro Ciudad de Pontevedra SL, foi a única que se presentou ao proceso de adxudicación directa do aparcamento, convocado tras quedar deserto o concurso público.
Relacionadas:
-
Queda deserto o concurso para adxudicar o aparcamento de Veteris
Por Oskar Viéitez |
-
Novo capítulo no "culebrón" do aparcamento Veteris
Por Oskar Viéitez |
-
O parking de Veteris, de novo en punto morto
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello convidará un mínimo de tres empresas para optar á xestión do parking de Veteris
Por Redacción |