Monte Porreiro e Barro recuperarán o seu pediatra a partir do 30 de xuño
Por Redacción
O centro de saúde de Monte Porreiro volverá a ter pediatra. O Servizo Galego de Saúde confirmou este mércores a contratación dun profesional que se incorporará ao persoal sanitario a partir do próximo 30 de xuño.
Este novo pediatra prestará o servizo nas mesmas condicións en que se viña ofrecendo. É dicir, será un médico compartido entre Monte Porreiro e Barro.
O Sergas sinala que, de xeito habitual, cando un profesional ten previsión da súa vindeira xubilación, adoita gozar do seu período vacacional e días de libre disposición no período de tempo inmediatamente previo á súa data oficial de cese de actividade laboral.
No caso do actual pediatra do centro de saúde de Monte Porreiro aínda en activo, auséntase desde finais de maio ata finais de xuño por vacacións, polo que se efectuará a súa cobertura exactamente igual que se viñan cubrindo as súas vacacións en veráns anteriores.
A Xunta recorda que nesta especialidade hai paro cero, de xeito que non se dispón de pediatras nas listas de contratación, ao igual que ocorre noutras áreas sanitarias de Galicia e noutras comunidades autónomas españolas.
Esta indispoñibilidade de efectivos foi a que dificultou ata o de agora a contratación dun novo profesional de Pediatría de Atención Primaria no centro de saúde de Monte Porreiro.
Relacionadas:
-
Cambios na atención de Pediatría durante o verán no Centro de Saúde de Tenorio-Cotobade
Por Redacción |
-
Monte Porreiro e Barro reclaman garantías de que os seus centros de saúde contarán co servizo de Pediatría
Por Redacción & Nacho Fuentes |
-
A Xunta renovará o material de diagnóstico obsoleto das consultas de atención primaria
Por Oskar Viéitez |
-
Escolares do colexio Marcos da Portela concéntranse para reclamar un pediatra en Monte Porreiro
Por Anxo Lourido |
-
O Sergas garante un pediatra para Monte Porreiro pero recoñece que aínda non ten substituto
Por Redacción |
-
Pontevedra esixe ao Sergas que cubra de xeito "inmediato" a praza de pediatra en Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |