![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/274/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cf1b0af6a-20190531-fuentes-manifestacion-pediatria-monteporreiro-barro_-7.jpg)
© Nacho Fuentes
Monte Porreiro e Barro reclaman garantías de que os seus centros de saúde contarán co servizo de Pediatría
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0fd/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cf1b089bf-20190531-fuentes-manifestacion-pediatria-monteporreiro-barro_-12.jpg)
© Nacho Fuentes
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/45d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cf1b0883f-20190531-fuentes-manifestacion-pediatria-monteporreiro-barro_-11.jpg)
© Nacho Fuentes
"Por un pediatra no noso barrio!", con este lema veciños de Monte Porreiro e do Concello de Barro realizaron unha marcha reivindicativa a últimas horas da tarde deste venres para reclamar que se manteña o servizo de Pediatría nos centros de saúde da urbanización e do municipio onde goberna Xosé Manuel Abraldes.
Estes dous centros levan desde o 25 de maio sen médico pediatra e os menores son atendidos polo médico de atención primaria. O especialista infantil titular nestes centros de saúde tomouse o mes de vacacións antes de xubilarse e a veciñanza teme que o Sergas non lle substitúa.
Desde a Consellería de Sanidade garanten que o 1 de xullo, ambos os centros volverán contar cun profesional que se ocupará dos 1.300 pacientes infantís. Con todo, os portavoces veciñais non se fían desta promesa e por iso mantiveron esta marcha de protesta.
A asociación veciñal O Mirador de Monte Porreiro aproveitou a festa extraescolar que se celebraba esta tarde na urbanización para facer un chamamento entre as familias afectadas para despois acudir con representantes das ANPAS e sumarse á manifestación que saía do Centro Cultural ata a Praza de España desde onde reclamaron a reposición do pediatra.
A esta marcha, ademais do alcalde de Barro Xosé Manuel Abraldes, tamén asistiron o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e o parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Luís Bará.
Veciños de Monte Porreiro e Barro piden que se manteña o servizo de pediatría nos seus centros de saúde
Unha manifestación percorreu as rúas de Pontevedra, desde Monte Porreiro ata a Praza de España, para reclamar garantía de continuidade na atención pediátrica
© Nacho Fuentes
Relacionadas:
-
Flores anuncia que convocarán unha praza para cubrir o posto de Pediatría en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Fin de semana sen persoal suficiente nos centros de saúde da Parda, Marín e Caldas
Por Oskar Viéitez |
-
Monte Porreiro e Barro recuperarán o seu pediatra a partir do 30 de xuño
Por Redacción |
-
Escolares do colexio Marcos da Portela concéntranse para reclamar un pediatra en Monte Porreiro
Por Anxo Lourido |
-
O BNG leva ao Parlamento a cobertura de pediatría en Barro e Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Pontevedra esixe ao Sergas que cubra de xeito "inmediato" a praza de pediatra en Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |