O PP de Poio pide un "leiraparking" na finca da Coca-Cola
Por Oskar Viéitez
O PP de Poio solicitará ao goberno municipal que negocie coa empresa encargada das obras de renovación de firme e servizos na rúa Valiña para que os veciños desta zona de San Salvador, unha das máis densamente poboadas do municipio, teñan unha solución de aparcamento durante a duración destes traballos.
Os populares trasladaron o malestar dos veciños tras coñecer que a partir deste luns estará prohibido o estacionamento nas marxes da rúa Valiña.
O Partido Popular solicitará do goberno municipal que negocie coa empresa adxudicataria das obras para dar aos residentes unha alternativa de estacionamento, como habilitar un "leiraparking" na "finca da Coca-Cola" para que poidan aparcar os veciños. Se trata del solar de A Caeira que albergó la antigua nave de Begano.
Para a concelleira do PP Rocío Cochón, "é unha mágoa que o goberno local se esquecese de ter en conta o estacionamento dos veciños durante estes traballos", e lamenta que "a improvisación e a falta de interese sexa unha constante por parte do concello en todo Poio e nesta parroquia en particular".
Relacionadas:
-
A Plataforma de San Salvador ameaza con mobilizacións se non se crean máis prazas de aparcamento
Por Oskar Viéitez |
-
Poio proxecta un parque público na antiga finca de Coca-Cola
Por Redacción |
-
Veciños da Caeira reclaman lombos para evitar as manobras perigosas dalgúns condutores
Por Oskar Viéitez |