Barro premia con diploma e camiseta aos participantes na VelutiPoli
Por Redacción
Os membros da VelutiPoli, formada polo alumnado de sexto de Primaria do CEIP Amor Ruibal, foron recibidos este martes no Concello de Barro polo alcalde e tenente alcalde, onde foron agasallados cunha camiseta e un diploma, polo seu compromiso con esta iniciativa de defensa do Medio Ambiente.
O grupo de voluntarios Stop Velutina Barro, coordinado por José Sanmartín, e o alumnado do CEIP Amor Ruibal fixeron balance do número de raíñas atrapadas nas máis de 60 trampas colocadas en diferentes parroquias do concello.
Ditas trampas foron xestionadas por 27 alumnado, sempre acompañados por persoas adultas. O número de raíñas atrapadas foi de 259, dende que deu comezo o operativo da VelutiPoli no mes de abril.
A este reconto, o grupo de voluntarios engade que ata o día de hoxe se levan 20 niños primarios e dous secundarios retirados. En canto ao número de raíñas atrapadas polos voluntarios do grupo, este ano foi inferior ao do ano pasado, que rondou ás 1.500 raíñas, quedando este ano en pouco máis da metade.
José Sanmartín, coordinador do grupo, puxo en valor o traballo dos voluntarios, tanto no trampeo como na retirada de enxames, como un dos principais factores desta minoración da presenta desta especie invasora no municipio.