![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5c2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/6297b718a2-111.jpeg)
© PontevedraViva
Os bombeiros interveñen ante a presenza de velutinas na Avenida da Estación
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9ac/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6297b6dff0-vespas-01.jpg)
© PontevedraViva
Axentes da Policía Local e un equipo do Parque de Bombeiros de Pontevedra trasladábase nas últimas horas da tarde deste mércores 1 de xuño ata a Avenida da Estación, a rúa paralela á Avenida de Vigo, porque a veciñanza alertaba da presenza dun niño de velutinas.
Foi necesaria a utilización da escaleira mecánica para localizar o punto no que se atopaba o foco destas avespas. Non se rexistraron danos persoais, segundo indicaron desde o Parque de Bombeiros.
Desde a Xunta de Galicia alertan da importancia de contactar co teléfono de atención e información á cidadanía 012 no caso de que se detecte un niño desta avespa asiática. En 2021, o Seaga eliminou case 18.000 niños en 300 concellos de Galicia.
Segundo o colectivo Avespa Asiática, Pontevedra é unha das provincias españolas máis afectadas pola súa presenza. Desde diferentes agrupacións insisten en que esta variedade da avespa compromete a biodiversidade e mata ás abellas, ademais de ser causante de perigosas picaduras para os humanos.
Relacionadas:
-
Alerta polo adianto da chegada das velutinas, como debemos actuar?
Por María José Pita |
-
Despregamento dos bombeiros na rúa Riestra tras detectarse un niño de velutinas nunha fachada
Por Redacción |
-
Retiran un exame de abellas que aniñara nun banco do Paseo Antonio Odriozola
Por Redacción |
-
Unha de cada tres intervencións dos Bombeiros en 2021 foi para retirar niños de velutina
Por Alejandro Espiño |
-
Os danos da velutina empezan a ser visibles nos acios de albariño
Por Redacción |