Interceptan un autocaravanista alemán que se fixo pasar por mariscador e colleu 8 quilos de ameixa en Poio

Por Natalia Puga

© Policía Local de Poio

© Policía Local de Poio
A Policía Local de Poio e os gardapescas da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra interceptaron a un home de nacionalidade alemá que, aproveitando que estaba de turismo na zona, baixou á praia da Reiboa e colleu oito quilos de ameixa japónica.
O home chegou a Poio xunto á súa familia en autocaravana e tiña o vehículo, con placas de matrícula alemás, estacionado no aparcadoiro da Reiboa, segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio.
Os policías e vixiantes da confraría interceptárono na mañá deste mércores 19 de xuño cando estaba a faenar na praia. Mesturouse entre as mariscadoras que se atopaban extraendo o molusco con autorización.
Unha vez interceptado, os policías e gardapescas interviñéronlle o cubo de praia no que levaba a ameixa. Dous dos oito quilos non tiña o tamaño regulamentario. Dado que era inferior á talla mínima esixida para a súa extracción, os moluscos foron devoltos na súa totalidade ao medio mariño.
O furtivo será denunciado por unha infracción administrativa ante os órganos competentes da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
A Consellería do Mar chama á responsabilidade da cidadanía para que non adquira produtos furtivos
Por Redacción |
-
Sorprenden, unha vez máis, a tres furtivos habituais extraendo ameixa na praia de Cabeceira
Por Redacción |
-
Localizan dous varóns extraendo ameixa de xeito furtivo na ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Incautan 17 quilos de ameixa en Poio duns furtivos que se deron á fuga
Por Redacción |
-
A Policía Local intercepta un furtivo na Reiboa con 10 quilos de ameixa xapónica
Por Redacción |
-
Interceptan dous furtivos con 20 quilos de ameixa extraídos dunha zona pechada pola toxina
Por Redacción |