Poio celebra su semana grande
Por Diego Torrado
Coa lectura do pregón a cargo da actriz e cantante Eva Iglesias, Poio deu inicio á súa semana grande de festas na honra do seu patrón San Xoán. No seu discurso, a colaboradora do programa de humor da Televisión de Galicia "Land Rober", lembrou o seu inicio como cantante de verbena na orquestra poiense Marbella.
A Praza do Mosteiro encheuse de público para escoitar a pregoeira e participar no acto de homenaxe e entrega de premios aos deportistas locais Cristián Fernández (acuatlón), Lola Ferro (ximnasia rítmica), Nicolás Braña (piragüísmo), os cadetes das escolas deportivas e o Club de Triatlón Poio e os gañadores do concurso de carteis das festas: Pedro Ruano Machado, Nuria Gómez Casal, Saúl Burgos Almeida, Faidah Serantes e Nerea Medra.
Tamén houbo un pasarrúas animado por Marcelo Dobode e Adrián Saavedra, no que formaron parte aqueles veciños que participaran no proxecto musical E-Trad. E actuaron a Escola de Música Tradicional de Poio, Vides Novas e a Escola de Acordeóns de Campelo.
Xosé Luís Martínez estreouse como concelleiro de Festexos tomando a substitución da anterior edil, Lidia Salgueiro.
A celebración continúa este sábado coas alboradas, a recollida das herbas de San Xoán e a sardiñada, verbena e a gran fogueira na Seca.