9 anos de prisión para cada un dos tres homes que violaron unha discapacitada en Vilaboa
Por Redacción
Segundo a información que publica Víctor Méndez no Diario de Pontevedra, a Sección segunda da Audiencia Provincial condenou aos tres acusados de violar a unha menor de idade discapacitada en Vilaboa a penas de 9 anos de prisión para cada un deles, ademais de ao pagamento dunha indemnización de 60.000 euros en concepto de responsabilidade civil por un delito continuado de abuso sexual con introdución cometido entre os anos 2003 e 2007.
Trátase das mesmas penas que solicitara a Fiscalía.
Os tres homes negaran os feitos durante a vista oral. Non obstante, a maior parte das testemuñas e os forenses no xuízo corroboraron a versión da Fiscalía.
A acusación particular solicitara 45 anos de prisión a petición de penas para Enrique C.C. e José Diego G.R., ao entender que exerceran os abusos sexuais con violencia ou intimidación, mentres que para o terceiro acusado, Aníbal M.F., solicitaba 30 anos de cárcere.
Relacionadas:
-
A menor de Vilaboa da que supostamente abusaron tres adultos tiña "mentalidad manipulable"
Por Natalia Puga |
-
Decláranse inocentes tres veciños de Vilaboa, acusados de abusar dunha menor
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía pide 9 anos de prisión para tres homes por abusos sexuais a unha menor deficiente de Vilaboa
Por Oskar Viéitez |