"Queremos unha Pontevedra que abrace todas as cores do arco da vella da diversidade"
Por Oskar Viéitez
O balcón da Casa do concello loce desde este martes as cores da bandeira LGTBI. Ao acto de presentación desta iniciativa acudiron representantes de todos os grupos políticos con representación na corporación municipal, ademais de membros dos colectivos Avante e Arelas.
"Queremos unha Pontevedra que abrace todas as cores do arco da vella da diversidade". Así o dixo a concelleira de Igualdade, Paloma Castro que explicou que un dos obxectivos que persegue o goberno local do Concello de Pontevedra é "que todo o mundo poida expresar a súa orientación sexual en liberdade" e rexeitou calquera tipo de actitude que non respecte a diversidade.
"Entendemos que Pontevedra ten que dar un paso adiante" dixo Paloma Castro avanzando que impulsarán "políticas que sensibilicen e que conciencien á xente sobre Igualdade".
Finalmente a concelleira animou a toda a cidadanía a participar na concentración convocada para o vindeiro venres ás oito da tarde na praza da Peregrina con motivo do Día do Orgullo LGTBI.
Relacionadas:
-
Pontevedra creará un centro municipal de información sobre diversidade sexual
Por Alejandro Espiño |
-
Un banco con 'Orgullo' no exterior da Deputación
Por Redacción |
-
Marín e Sanxenxo súmanse aos actos do Día do Orgullo LGTBI
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas estrea un 'banco LGTBI' para celebrar o Día do Orgullo
Por Redacción |
-
Doce horas de música electrónica no parque do Gafos co Flop Festival
Por Oskar Viéitez |