Médico Ballina estreará parque infantil en tres meses
Por Redacción
O parque infantil de Médico Ballina estará listo en tres meses. A mesa de contratación do Concello de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación á empresa Bricantel España a execución do proxecto, que ten un orzamento de 157.520 euros.
A nova infraestrutura instalarase sobre a cuberta do túnel do tren, na marxe dereita da rúa Médico Ballina, en dirección a Santiago. Ocupará unha parcela de 1.200 metros cadrados, onde haberá espacio para as zonas de ocio infantil e tamén para a estancia e esparcimento dos acompañantes da cativada.
Na entrada ao parque, onde se situarán os acompañantes, o prego recolle a colocación de catro bancos, papeleiras, mesas con xogo de mesa, mesa de pinpong e unha fonte adaptada para mobilidade reducida.
Na zona de xogos, o proxecto non especifica que tipo de bambáns vanse colocar, pero marca como obrigados un xogo inclusivo e bambáns con unha cadeira tipo cueiro e outra inclusiva tipo hamaca; un xogo de tirolina e outro tipo cesta múltiple.
Relacionadas:
-
A burocracia administrativa atrasa a xaneiro o parque infantil de Médico Ballina
Por Alejandro Espiño |
-
Renovan o parque infantil de Salcedo para mellorar a seguridade dos nenos
Por Redacción |
-
O parque infantil de Médico Ballina, pendente da autorización de Adif
Por Redacción |
-
O parque de Médico Ballina empezará a construírse en agosto
Por Redacción |