A asociación Cadeliños busca casas de acollida e adopción para un can e un gato abandonados
Por Redacción
A Asociación de Rescate Animal 'Cadeliños' pide colaboración na procura de casas de acollida e adopción para 'Seis' e 'Marley', os dous últimos casos graves e urxentes de abandono animal que rescataron en Marín e Portas.
O colectivo dedícase a rescatar animais abandonados e buscarlles un novo fogar e quere dar a oportunidade dunha vida digna a estes animais. Marley é un gato de 3 ou 4 anos que apareceu en San Xulián (Marín) e Seis, un can xa maior rescatado con gaiola en Portas.
No caso de Marley, cren que se trata dun gato doméstico que foi abandonado. Foi rescatado cando estaba ao bordo da calzada por persoas anónimas que o levaron ao veterinario, onde foi necesario ingresalo e anestesiarlo para raparlle o pelo por completo, xa que o estado da súa pel era moi grave e tiña tal cantidade de nós e feridas que era inviable recuperar a pelame.
Esta gato estaba completamente cheo de parasitos, espiguitas cravadas por todo o corpo e nalgunhas zonas tiña mesmo úlceras e chagas sanguentas. Agora xa se recupera nunha casa de acollida e busca adopción.
Seis tamén foi abandonado pero fai xa moito tempo. É posible incluso que pasase a maior parte da súa vida vivindo no monte e leva o últimos seis anos na rúa. Os veciños asustábano, non querían que estivese na zona, e aínda que a asociación tentou rescatalo con gaiola en multitude de ocasións, sempre se resistía.
Cando finalmente puideron rescatalo, levárono ao veterinario. Tiña a pata traseira colgando e as demais con larvas de moscas nas feridas e unha grave infección. Ten anemia e cancro, de modo que buscan unha familia para que pase os seus últimos días. A Asociación correrá con todos os gastos.
Relacionadas:
-
Abandono en Pontevedra: atopan un hamster dentro dunha caixa no paseo de A Xunqueira
Por Almu Dapena |
-
Piden colaboración cidadá para atopar a Monchita, perdida polos tellados de Cruz Vermella e Santa Clara
Por Redacción |
-
RADIO.- Podcans: Por que ataca un can?
Por Redacción |
-
Cadeliños denuncia o envelenamento dunha colonia de gatos en Campelo
Por Redacción |
-
Cadeliños denuncia o roubo de dous dos seus talonarios da lotería de Nadal
Por Redacción |