O fervor por San Benitiño non se detén polas altas temperaturas
Por Diego Torrado & Redacción
O fervor por San Benitiño que cada 11 de xullo enche os arredores do Mosteiro de San Benito de Lérez e os salóns do Lérez non se freou este xoves a pesar das altas temperaturas rexistradas durante toda a xornada, que chegaron a deixar 33 graos nas horas centrais do día.
Os dous enclaves recibiron este ano menos afluencia de público que en anteriores edicións, pero a presenza de devotos e romeus foi igualmente multitudinaria, en especial coincidindo coa misa central do día, ás 13.00 horas, e coa hora na que na beira do Lérez repartiron a mejillonada popular.
Na contorna do mosteiro houbo misa cada 45 minutos entre as 7.00 e as 13.00 horas pola mañá e entre as 17.00 e as 20.45 pola tarde e tras lla misa das 13.00 horas celebrouse a tradicional procesión do santo.
Nos salóns do Lérez, a festa empezou a partir das 11.30 horas e prolongouse durante toda a tarde, con actuacións musicais e comida popular.
Este xoves tamén se inaugurou no Mosteiro de San Benito de Lérez a exposición 'Santa Isabel, o Naufraxio', comisariada polo investigador e xornalista Tino Vieitez e que recolle unha variada información da época ao redor das circunstancias que desembocaron no naufraxio dese buque na illa de Sálvora.
A mostra retrata a resposta do pobo galego ao naufraxio do barco de pasaxe Santa Isabel. Xerou unha recoñecida tarefa de salvamento por parte das mulleres insulares e dos pobos dos arredores, que acudiron a bordo de embarcacións tan fráxiles como as dornas propias do lugar.
Relacionadas:
-
Sorprenden 'in fraganti' unha carteirista que roubou a dúas persoas en San Benitiño
Por Redacción |
-
Policías de uniforme e de paisano reforzarán a seguridade na romaría e as misas de San Benitiño
Por Natalia Puga |
-
6 de marzo e 11 xullo, festivos locais de 2019 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra renova a súa devoción cara San Benitiño de Lérez
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Mexillóns para todos na praia fluvial para celebrar o San Benitiño
Por Redacción & Diego Torrado |