Campañó seguirá manifestándose ao non acadar acordo coa Xunta sobre a Variante de Alba
Por Anxo Lourido
Os veciños de Campañó saíron da reunión mantida este mércores co director da Axencia Galega de Infraestruturas ( AXI), Francisco Menéndez, e co xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, descontentos ao comprobar que a decisión de executar o actual proxecto da variante de Alba é "inamovible", segundo expresa a portavoz veciñal Lucía Montoto.
A representante veciñal indical que simplemente ofrecen algunha mellora no referente aos camiños veciñais que cruzan a vía, ademais de humanizar o tramo entre o novo vial e a VG 4.8, variante de Poio. Para os afectados, esta decisión non é algo novo xa que estaba recollido en anteriores proxectos nos que se incluía toda a PO-531 ata a rotonda de San Caetano.
Ante esta situación, entenden que desde a Xunta de Galicia só se están prometendo accións pendentes de execución desde hai máis dunha década.
Desde o colectivo veciñal lanzan tamén críticas ao goberno local e á oposición, "só contamos como votos electorais", afirma Montoto. Indica que ata o momento seguen pendentes de coñecer a posición dos grupos municipais ante este proxecto. Instan tamén á Federación de Veciños Castelao a que se posicione sobre esta obra.
Tras manter un encontro veciñal, despois da reunión, o colectivo de afectados manterán o seu calendario de protestas, os venres e os martes ás 20.30 horas polo tramo da PO-531 que pasa por Campañó.
A XUNTA REXEITA AS PROPOSTAS VECIÑAIS
A AXI propuxo celebrar un novo encontro coas persoas afectadas polo proxecto unha vez que se analicen as alegacións presentadas e se conte cos informes técnicos das diferentes administracións. Desde a Xunta entenden que a alternativa escollida para a Variante de Alba é a que mellor responde os obxectivos de ofrecer máis funcionalidade, mellorar a seguridade viaria e causar o menor impacto territorial.
Entenden que a alternativa defendida polos veciños supoñería afectar a tres ríos e á súa contorna, ademais de impactar cun elemento patrimonial, a 'Casa da Granxa', que conta con protección integral, segundo o PXOM.
Relacionadas:
-
As asociacións veciñais de Castelao só aceptarán o peche de Raíña Vitoria se hai un proxecto "obxectivo"
Por Manu Otero |
-
Os veciños de Campañó presentan 1.172 sinaturas contra a Variante de Alba
Por Manu Otero |
-
O Concello pide á Xunta que "suavice" o trazado da variante de Alba
Por Oskar Viéitez |
-
Os afectados pola variante de Alba reúnen sinaturas contra o trazado previsto
Por Oskar Viéitez |
-
Os pontevedreses volven deixarse levar por Itineranta: xa está aquí a décima edición!
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Cara a cara: Move o esqueleto con Itineranta
Por Marisa Ciordia |
-
Itineranta celebra o seu décimo aniversario cos dez mellores espectáculos da súa historia
Por Manu Otero |
-
Campañó reclama outro trazado para a nova variante de Alba
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Concello, sobre a variante de Alba: "É bo que se faga, pero non é a solución óptima"
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta pretende licitar a construción da nova Variante de Alba a comezos de 2020
Por Diego Espiño |