Rueda visita unha das ludotecas de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
A Xunta vén de ampliar o orzamento da liña de axudas para que os concellos desenvolvan iniciativas de fomento da conciliación tras a alta demanda rexistrada. Tendo en conta este incremento, o investimento destinado a estas axudas ascende a preto dun millón de euros, o que permitirá financiar accións en case un cento de concellos galegos.
Así o explicou este mércores o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa visita á ludoteca de Tenorio en Cerdedo-Cotobade que se financia grazas a esta convocatoria cunha axuda concedida de algo máis de 13.000 euros. A actividade de conciliación desenvólvese tamén en Carballedo e Cerdedo.
Na visita estivo acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
A liña de conciliación inclúese nunha convocatoria máis ampla destinada aos concellos para que financiar outras accións como os Centros de Información á Muller ou outros programas relacionados co igualdade. A convocatoria ten, na súa totalidade, un orzamento duns 5,6 millóns de euros.
CAMPO DE VOLUNTARIADO
Ademais da ludoteca, o vicepresidente da Xunta aproveitou a súa visita ao concello para achegarse ata o campo de voluntariado internacional de Cerdedo-Cotobade, onde os participantes están a gravar unha curtametraxe sobre a situación da muller no rural, ademais de realizar outras actividades de convivencia como sendeirismo, excursións e actividades acuáticas.