Mensaxe ás praceiras no 'Showcooking' para promover o Mercado de Abastos
Por Diego Espiño
"Quiero hacer ver a los pontevedreses y a las placeras que hay formas de optimizar este mercado, lo que no puede ser es que al Concello esto le salga deficitario". Con esas palabras a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, presentou a xornada de 'showcooking' a cargo do cociñeiro Kike Piñeiro que se celebra este sábado na primeira planta da Praza coa presenza de oito blogueros gastronómicos que están de xira na cidade.
Román mandou unha mensaxe clara ás praceiras que se opoñen á renovación no mercado: "hay que preguntarse, hacer una reflexión, no se puede optimizar su mercado si está cerrado la mitad del día".
Segundo os datos de 2011, o défitit xeral do mercado sitúase nos 200.000 euros anuais, unha cifra que segundo a concelleira se reduciu en 2012.
Coa demostración de cociña o Concello inicia unha campaña de promoción que continuará na segunda semana de xullo coa presenza de recoñecidos chefs galegos: "lo que quiero es que se promocione como las opciones diferentes que puede tener este mercado a parte de la venta y del producto tan fresco que tenemos".
CONCURSO "AO MASTERCHEF"
Ademais da propia demostración de cociña, onde se prepararon pratos con produtos comprados no mesmo mercado como bonito macerado en mel de Galicia ou rape con lacón e cachelos que puideron degustar as persoas que ata alí se achegaron, os protagonistas da xornada quixeron involucrar aos blogueros cun peculiar concurso.
Os participantes, divididos en dous equipos tiveron que mercar os seus propios produtos e elaborar os seus pratos, como explica o xefe de cociña Kike Piñeiro: "es una especie de Masterchef, bajan, gastan muy poquito comprando cinco productos y elaboran un plato fresco, de temporada. Con el mejor plato daremos la receta en twitter a través de Turismo Pontevedra y se hará una tapa con ella".
Relacionadas:
-
Carlota Román cifra en 200.000 euros anuais o déficit do Mercado e insta a abrir polas tardes
Por Alejandro Espiño |
-
Ábrese o proceso para a poxa dos postos vacantes na Praza de Abastos
Por Alejandro Espiño |
-
Carlota Román aposta por unha Praza de Abastos "moderna, de calidade e que dinamice o Centro Histórico"
Por Redacción |