Identifican dez mozos por lanzar ovos contra as xanelas de varias casas
Por Oskar Viéitez
A Policía Local do Concello de Sanxenxo identificou un grupo de dez mozos, veciños de Santiago de Compostela, que a madrugada do sábado atopábanse na rúa Castelao golpeando xanelas de vivendas e tirando ovos contra elas. Ademais, golpearon tamén diferente mobiliario urbano.
Segundo informaron desde o Concello de Sanxenxo, os axentes foron avisados polos veciños polo ruído e as molestias que este grupo de mozos estaban a causar ás 2 da madrugada.
Desde o goberno local reiteraron que a seguridade cidadá e a compatibilidade entre o descanso e o goce "é unha prioridade" e por iso móstrase "moi firme" ante este tipo de actuacións.
Do mesmo xeito, insistiron en que neste mandato búscase unha "constante mellora" desta seguridade, especialmente nos espazos de lecer nocturno.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Sanxenxo reduciu as denuncias polo botellón nun 57,7%
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local identifica a tres menores por actos vandálicos no Paseo de Silgar
Por Oskar Viéitez |
-
Evacúan en helicóptero un home ferido cando practicaba paracaidismo en lancha motora en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Policía Local de Sanxenxo realizou un total de 1.096 intervencións no mes de xullo
Por Redacción |