A urbanización da finca da ONCE entra na recta final da súa tramitación
Por Oskar Viéitez
Cada vez está máis preto o desenvolvemento urbanístico dos terreos da ONCE en Campolongo.
A Comisión de Urbanismo aprobou tivo coñecemento este martes do proxecto de urbanización dos terreos (duns 35.000 metros cadrados) presentado pola ONCE no que se recolle a apertura dun novo vial que conectará Campolongo coa avenida de Vigo, dando servizo ao actual colexio da ONCE, ao Centro Sur e ao instituto Torrente Ballester, que disporá dunha conexión peonil, segundo explicou este martes o concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda, tras a reunión da Comisión.
Este proxecto de urbanización terá que estar a exposición pública un mes e deberá ter autorización aeronáutica (dado que Pontevedra está baixo a influenza do aeroporto de Vigo). Pasado estes trámites, aprobarase definitivamente o proxecto e poderá empezar a primeira fase desta urbanización, que se desenvolverá en catro partes.
A primeira valorada en máis de 550.000 euros, consistirá na apertura do novo viario entre Campolongo e A Corva, para conectar coa avenida de Vigo.
Este proxecto de urbanización da parcela é froito dun convenio asinado entre Miguel Carballeda, presidente da ONCE, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, en xullo de 2018 para acadar un crecemento ordenado en Campolongo, eliminando a barreira que supón a actual finca da ONCE, e creando diversos accesos axeitados e próximos á nova zona administrativa.
O proxecto de urbanización está previsto desenvolver en tres fases: Na primeira é a construción dun vial que permita conectar a zona administrativa de Campolongo co ámbito co IES Torrente Ballester, costeada pola ONCE cun orzamento de 551.287 euros.
A seguinte fase é darlle continuidade a esta vía até San Brais e a última é a propia urbanización da parcela, onde o Concello obterá edificabilidade pola diferencia de valor entre a parcela do Colexio e a da Unidad 18.