Gardas civís, policías e militares participarán no Campionato de Tiro de Combate do Pilar
Por Redacción
Membros das forzas e corpos de seguridade do Estado e das Forzas Armadas participarán durante a próxima semana nunha nova edición do Campionato de Tiro de Combate organizado no campo de tiro de Cernadiñas Novas con motivo da celebración do Día do Pilar, patroa da Garda Civil.
O XXXI Campionato de Tiro de Combate celebrarase o luns 30 de setembro e o martes 1 de outubro en horario de mañá e tarde.
Un ano máis, simularán situacións reais nas que se poden ver involucrados nos seus servizos diarios gardas civís, militares e policías. Realizarán tres exercicios cuxos detalles se darán a coñecer o día da competición.
A organización lembra que este campionato está considerado como o máis importante a nivel nacional no que participen todos os corpos e forzas de seguridade do Estado e, nesta ocasión, tamén cinco equipos do Exercito de Terra e participantes da Armada.
"Non hai outro parecido", insisten os organizadores, pois si que se celebran campionatos internos na Garda Civil e logo os clásicos organizados polos equipos federados de Tiro Olímpico, con armas moi superiores ás que utilizan os corpos de seguridade do Estado, armas xa preparadas para este tipo de competición, dun custo desde 1.000 euros a 5.000 euros. A diferenza substancial é que neste campionato utilízanse as armas oficiais de cada corpo ou arma, as denominadas de dotación, sen modificacións, tal como saen de fábrica.
Toda a competición e organización estará baixo a supervisión de Manuel Picón Sánchez, xefe de árbitros (Ranger Master).
Relacionadas:
-
Noventa tiradores afinan a puntería e mostran a súa destreza liberando reféns en Cernadiñas Novas
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O campo de tiro de Cernadiñas Novas acolle un campionato de armas históricas
Por Redacción |
-
De terroristas, reféns e como as forzas de seguridade saben resolver situacións de crises
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Cernadiñas Novas acolle o XXX Campionato de Tiro de Combate
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Garda Civil programa actos conmemorativos do 175 aniversario da súa fundación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- O Campionato de Tiro Policial Virxe do Pilar reúne a 120 participantes en Bora
Por Redacción |
-
VÍDEO.- 120 tiradores danse cita no campo de Cernadiñas Novas
Por Mónica Patxot |