O PP pide a limpeza das pintadas que alertan do perigo do Camiño ao seu paso por Alba
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra presentará un escrito no Rexistro do Concello solicitando a eliminación das pintadas e o arranxo dos sinais que marcan o Camiño a Santiago ao seu paso por Alba nas que alertan do perigo da senda. Os concelleiros populares, Silvia Junco e Martín Martínez, percorreron esta parte do Camiño con Pilar Amaro, directiva da asociación Amigos do Camiño Portugués, para avaliar os danos.
"Non só dan mala imaxe, tamén asustan aos peregrinos", dixo Junco sobre as pintadas que apareceron nas inmediacións do Puente das cabras e que, a xuízo dos edís, pretenden insinuar aos camiñantes do risco deste tramo.
Denuncian os populares o abandono que sofre este tramo do Camiño por parte da Deputación, titular destes terreos, e do Concello de Pontevedra. O PP critica a acumulación de lixo e sucidade, que se suman agora ás pintadas feitas con espray nas que pode lerse " Dangerous Way" no asfalto e " Danger", nos sinais. “Hai unhas semanas comprobamos que xa existían pintadas. Deixamos pasar un tempo para que a Deputación actuase e non fixeron nada. Agora, aínda por encima, hai aínda máis grafitis”, subliña Junco.
Os populares acusan ao Concello de non tomarse en serio o mantemento de zonas verdes da cidade, como as Marismas de Alba, na que non se realizan as "rozas necesarias" e na que a vexetación invade parte dos carreiros.
Pola súa banda, Pilar Amaro defendió que o importante é que os peregrinos “teñan a liberdade de ir a Santiago por onde queiran”.