100 composteiros individuais van repartirse esta semana en Bueu
Por Redacción
O Concello de Bueu repartirá esta semana un centenar de composteiros individuais entre a veciñanza, cedidos pola Deputación de Pontevedra e pola Sociedade Galega do Medio ambiente (SOGAMA).
Ademais, están previstas dúas charlas informativas con repartición durante as sesións de composteiros durante as xornadas do martes 26 e o mércores 27 ás 19.00 horas no Centro Social do Mar. Son charlas dirixidas a persoas que xa se habían rexistrado e coas que se contactou telefonicamente.
Con estes composteiros individuais preténdese que se composte a fracción orgánica que se produce nas vivendas, reducir a entrada destes restos orgánicos biodegradables nos contedores de recollida de lixo habitual e establecer o sistema de tratamento "in situ".
Trátase dunha segunda fase, xa que se entregaron ao redor de 50 unidades a través do Plan Revitaliza da Deputación e dous centros de compostaxe comunitaria na zona das Lagoas e na rúa Xosé María Estévez, que contan cunha gran aceptación social ata o punto de que se recolleron 26 toneladas no último ano de materia orgánica e fracción vexetal. Tamara Sotelo, concelleira de Medio Ambiente, estuda a instalación de máis composteiros comunitarios noutros espazos do municipio.
Relacionadas:
-
Bueu instala un composteiro no colexio Virxe Milagrosa
Por Redacción |
-
Mosquera asegura que os concellos do Plan Revitaliza son os únicos que poderán reciclar o 50% dos residuos en 2020
Por Oskar Viéitez |
-
Lista de agarda para ter un composteiro individual en Ribaduma
Por Redacción |
-
A compostaxe individual chega a Campañó con varias charlas informativas
Por Redacción |
-
O compost toma a Praza da Peregrina
Por Manu Otero |
-
O Plan Revitaliza esténdese a 42 dos 61 municipios da provincia
Por Diego Espiño |
-
Bueu pon en marcha a Semana da música
Por Redacción |