Para o PP o orzamento do Concello de Poio é unha "falta de respecto" aos veciños
Por Oskar Viéitez
Os concelleiros do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes e Sergio Pereira, compareceron este venres en rolda de prensa para facer unha análise do proxecto de orzamentos do Concello de Poio para o próximo exercicio 2020 que califican de "uns presupostos vagos para un goberno vago".
O PP critica que as contas municipais presentadas polo BNG, PSOE e Avante Poio "baixan os investimentos, suben os soldos e o persoal ‘a dedo’ mentres non hai ningunha partida nin para o Centro de Saúde, nin para un pavillón, o saneamento, o PXOM..., en definitiva, nada para solucionar os problemas reais de Poio".
Para o voceiro popular Ángel Moldes, o proxecto de presupostos é unha "falta de respecto aos veciños", xa que "o único do que presumen os 3 alcaldes é de que o van incumprir, como veñen facendo os últimos 25 anos".
Os populares subliñan a débeda cos bancos, de 5.916.531, 26 euros. "É dicir, a metade do presuposto está endebedado e a outra metade xa está comprometido para persoal" e apuntan a que "os números cantan, os 3 alcaldes teñen unha débeda 348 euros por habitante pero só invisten 29 euros por cada veciño de Poio".
Acusan a BNG, PSOE e Avante de "querer enganar aos veciños" dicindo que conxelan os impostos "cando a realidade é que a xente de Poio leva anos pagando algúns dos impostos máis altos de Galicia" e sufrindo unha alta presión fiscal.
Recalcan que o capítulo de investimentos se reduce nun 22% con respecto a 2019, e a maior partida son 208.901 euros para pagar "facturas gardadas no caixón".
Finalmentre os edís do PP destacan o "fraude" de Silvia Díaz, que "viña rexenerar a política municipal e agora é cómplice duns orzamentos iguais que os de 2019, presentados en exclusiva polo BNG e que o propio goberno anuncia que non se cumprirán" e resaltan que o único que sustenta o "pacto de perdedores" é "cobrar as nóminas a fin de mes".
Relacionadas:
-
Rocío Cochón, do PP de Poio, demanda ao goberno local que saque adiante un novo PXOM
Por Redacción |
-
O PP de Poio rodeará o Concello para protestar contra a subida de impostos
Por Manu Otero |
-
Poio presenta un orzamento de 12,7 millóns de euros e anuncia que vai incumprir a regra de gasto
Por Oskar Viéitez |