O Concello de Sanxenxo corta a rúa Progreso para o seu asfaltado sen precisar por cantos días
Por Redacción
A partir do próximo luns 16 de decembro procederase ao corte de tráfico da Rúa Progreso de Sanxenxo.
O motivo é proceder ao asfaltado da rúa, dentro da recta final das obras de reforma na zona, aínda que o Concello de Sanxenxo non pode precisar cantos días prolongarase a medida.
As previsións de choiva persistente para a próxima semana imposibilita coñecer o tempo que permanecerá cortado o primeiro tramo da rúa, entre a confluencia da Avenida de Madrid e a Rúa Castelao, asegura o goberno local.
En concreto o corte farase efectivo o luns ás 8:00 horas para os dous sentidos de circulación.
Para tentar aliviar os problemas que iso pode carrexar no medio da campaña do Nadal habilitaranse varias medidas especiais. Así, para facilitar o acceso ao porto desde a PO-308 o tramo da Avenida de Madrid entre Cesteiros e a Avenida do Porto cambiará de sentido permitindo a entrada ao aparcadoiro.
Por outra banda o Paseo de Silgar terá dobre sentido de circulación entre a Avenida do Porto e Luís Vidal Rocha, contando con dous semáforos para a súa regulación ademais de presenza da Policía Local.
En canto á saída de Sanxenxo en dirección A Granxa-Pontevedra será necesario circular ata a rotonda de Arnelas e continuar por Padriñán en dirección Miraflores para desde alí baixar á PO-308.
Unha vez concluídos os traballos de asfaltado, reabrirase o primeiro tramo da Rúa Progreso e procederase coa renovación de pavimento restante, aínda que este caso permitirá que Paseo de Silgar e Avenida de Madrid recuperen o seu sentido de circulación habitual.
Relacionadas:
-
As obras da rúa Progreso avanzan a pesar do mal tempo
Por Redacción |
-
Telmo Martín presenta unha modificación de crédito para pagar o sobrecusto da rúa Progreso
Por Oskar Viéitez |
-
A humanización da rúa Progreso incorpora actuacións que non estaban previstas no proxecto inicial
Por Oskar Viéitez |
-
Nova rotura dunha tubaxe do gas nas obras da rúa Progreso
Por Oskar Viéitez |
-
Restablecida a circulación na rúa Progreso tras o escape de gas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada