"Espectacular" incremento do turismo en Pontevedra durante a ponte da constitución
Por Redacción
A ponte da Constitución deixou unhas cifras "espectaculares" no turismo da provincia. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, repasou este luns os datos de ocupación dos diversos establecementos que se rexistraron un 74,1 % de ocupación media, 12 puntos máis que nas mesmas datas do ano anterior.
Os hoteis que mellores datos obtiveron foron os do Morrazo, que pecharon a ponte cunha ocupación do 92 %, seguida de Vigo cun 90 %, mentres que en Pontevedra quedaron no 77 %, polo 75 % da súa área de influencia. No Salnés alcanzou o 79%, con porcentaxes que en Sanxenxo alcanzaron o 84 %. Na de Caldas a ocupación hostaleira quedou no 56,2 %.
O turismo rural creceu en 16 puntos en comparación coa ponte do 2018. A comarca do Morrazo (85 %) e a de Pontevedra (76 %) foron as que mellores datos rexistraron, mentres que en Caldas (30 %) obtivo o rexistro máis baixo da provincia. Nos albergues de Pontevedra, ou Salnés e O Morrazo, pola contra, as porcentaxes quedaron no 37 %.
A asociación de vivendas turísticas cifra a ocupación destes establecementos durante a ponte da Constitución nun 80 % na cidade de Pontevedra, 72 %, en Sanxenxo; e en Vigo ocupáronse todas as prazas.
Relacionadas:
-
Os hostaleiros de Caldas piden un maior control sobre os apartamentos turísticos
Por Redacción |
-
Pontevedra, a cidade galega onde máis aumentou o turismo durante 2019
Por Redacción |
-
Unha de cada tres prazas hoteleiras en Pontevedra son xa vivendas turísticas
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello lanza unha campaña para convencer os turistas de que durman en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Concello promoverá visitas guiadas para formar ao persoal das recepcións dos hoteis de Pontevedra
Por Redacción |