A Xunta reclama ao Concello que se implique coa variante de Alba para reformular o trazado
Por Redacción
Desde a Consellería de Infraestruturas contestaron ao concelleiro de Ordenación do Territorio César Mosquera que poñía en dúbida a intención da Xunta de executar o novo proxecto da variante de Alba. Desde a administración autonómica reafirman o seu compromiso con esta infraestrutura e pide ao Concello de Pontevedra que se implique para que se acometa un trazado de consenso.
Desde o goberno autonómica indican que o Concello de Pontevedra presentou "duras alegacións" en contra do proxecto presentado pola Xunta durante o verán. Segundo indican, esas discrepancias do goberno local e a oposición veciñal da parroquia de Campañó dificultan a execución do proxecto.
A Xunta afirma que leva máis de dous anos traballando con intensidade na definición do proxecto da variante de Alba, tal e como demandaba o Concello de Pontevedra. Indica que mantén un diálogo permanente co goberno local e co Ministerio de Fomento, responsable de autorizar a conexión desa nova vía coa rede estatal de estradas.
Os técnicos, dentro de diversas propostas, escolleran, segundo a Xunta, o proxecto que permitía cumprir coa mellora de seguridade viaria, a diminución do impacto territorial e a utilidade para o tráfico.
Ese proxecto, indican desde a consellería, tiña prevista un investimento de 8,2 millóns de euros na súa primeira fase e permitía cumprir coa idea de liberar o núcleo de San Caetano do 75% do tráfico que actualmente soporta.
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, mostrara a súa intención de que se licitaran as obras en 2020 pero a falta de consenso social e técnico durante o período de alegacións provocan que agora a Xunta reclame ao Concello que axude na reformulación do trazado, segundo indican desde o executivo galego.
A Xunta lembra que os orzamentos contemplan para 2020 unha partida para licitar as obras no caso de que se alcance un consenso entre as administracións.
Relacionadas:
-
As obras da nova senda de Alba a San Caetano obrigan a pechar a estrada PO-225 a partir do mércores 12
Por Redacción |
-
A variante de Alba, "tema acabado" para o Concello porque a Xunta "non quere facela"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP acusa o BNG de ter "instigado" as protestas veciñais contra a variante de Alba
Por Alejandro Espiño |
-
Lores ofrece a Feijóo un convenio pola variante de Alba: "Pagas ti, facémola nós"
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello teme o aprazamento "sine die" do proxecto da Variante de Alba por "falta de cartos" na Xunta
Por Anxo Lourido |
-
Acordo telefónico entre Feijóo e Lores para desbloquear a variante de Alba
Por Redacción |
-
Lores séntese "sorprendido, decepcionado e traizoado" por Feijóo polo parón á variante de Alba
Por Oskar Viéitez |