A rede italiana de cidades saudables pon como exemplo a Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis está presente na rede italiana de cidades saudables. A través de Eva Martín, a encargada de transmitir as experiencias españolas no evento, o caso do programa cuntiense de prevención de caídas para persoas maiores captou a atención dos asistentes, quen se mostrou moi interesados en coñecer en profundidade as actividades levadas a cabo polo goberno local.
Cuntis leva anos traballando na atención ás persoas con necesidades especiais. Para iso, planifican durante todo o ano actividades de mantemento físico, prevención de caídas, talleres de memoria e outras moitas accións que serven para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Froito desta aposta polo benestar e a calidade de vida prodúcese agora o recoñecemento en Italia e España.