O novo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil Simón Venzal visita Ponte Caldelas
Por Redacción
Simón Venzal, novo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, mantiña un encontro no Concello de Ponte Caldelas co alcalde Andrés Díaz este venres. Durante a reunión estivo presente o sarxento do posto de mando da Garda Civil en Ponte Caldelas, Javier Márquez.
Durante a entrevista Venzal explicou os proxectos que quere desenvolver durante a súa estancia en Pontevedra. Sinalou que desde a súa chegada atopouse cun moi bo equipo de traballo e avanzou a Díaz a súa intención de manter a boa relación institucional co Concello.
Agradeceu tamén a implicación cidadá á hora de colaborar cos axentes da Garda Civil que desenvolven a súa actividade no municipio.