Dez décimos do terceiro premio, o 00750, deixan no Grove medio millón de euros
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
O Grove volveuse a ver salpicado pola alegría do sorteo de nadal da Lotería Nacional. Se hai dous anos esta localidade pontevedresa celebrou vender un segundo premio, nesta ocasión repartiron outra vez sorte e diñeiro.
A administración de lotería número 1 do Grove, situada na rúa Luís Seoane, vendeu o terceiro premio, que recaeu no número 00750.
En concreto, este despacho vendeu unha serie completa deste número. Os dez décimos, a 50.000 euros cada un, deixaron na localidade medio millón de euros. Foron vendidos en persoa e non por máquina.
"Alégrome un montón", apuntou Manuel Rodríguez, responsable desta administración que, como curiosidade, vendeu a maior parte dos décimos premiados onte mesmo. "Os últimos serán os primeiros", ha dicho entre risas.
O 00750, entre outros puntos da xeografía nacional, tamén se repartiu en Santiago de Compostela e na localidade lucense de Vilalba que, nos últimos anos, parece abonada a entregar diñeiro neste emblemático sorteo do Nadal.