A comunidade escolar de Verducido reclama a recuperación da segunda mestra de infantil
Por Redacción
A comunidade escolar da Escola de Ensino Infantil (EEI) de Verducido solicitou formalmente á consellería de Educación que devolva a catalogación á escola para que volva ser considerada Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP), como sucedía antes de 2004.
Con esta medida, desde a asociación de nais e pais do alumnado (ANPA) queren que se recoñezan polos menos dúas prazas de profesorado fixas, recuperando a segunda unidade de infantil.
Alegan, entre outras causas, que a EEI de Verducido mantien nas dúas últimas décadas unha media de 30 escolares, con mínimos de 23 e máximos de 37. Sinalan que o profesorado establecido era de dúas profesoras de infantil e unha mestra para os dous cursos de primaria.
En colaboración co profesorado de apoio, afirman que se desenvolveu un proxecto educativo que foi referente en toda a contorna, con numerosas actividades alternativas como o Cantar os Reis polas casas, plantacións na Comunidade de Montes ou mantemento dunha horta escolar.
Sinalan que nos últimos anos, o centro sofre recortes de recursos ata o punto de que se suprimiu á terceira profesora cando non variara a normativa nin a situación do centro no curso 2018-19 eliminando así una das aulas de infantil.
Denuncian que desde a Xunta se xustificou a decisión nunha baixada de natalidade pero a matrícula é de 29 escolares e por este motivo, desde a comunidade escolar, entenden que se trata dunha medida arbitraria con intención de castigar á escola pública e rural. Neste sentido, lembran que o Consello Escolar do Estado indica que non se debe suprimir ningunha aula de escolas rurais cun mínimo de 8 alumnos.
Indican que as dúas profesoras, ademais do labor docente deben asumir outras tarefas organizativas e administrativas. A comunidade escolar afirma que os escritos e as manifestacións realizadas ante a xefatura territorial de Educación só serviu para obter respostas a través dos medios de comunicación pero a ANPA nunca foi convidada a un encontro co xefe territorial César Pérez Ares.
Relacionadas:
-
Os socialistas reclaman á Xunta que manteña aberta a escola unitaria de Verducido
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Preparan unha campaña reivindicativa da Escola de Educación Infantil de Verducido durante o Entroido
Por Redacción |
-
As familias do colexio de Verducido denuncian o peche dunha aula, que Educación xustifica pola baixa matrícula
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Verducido pecha filas en defensa do seu colexio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |